Sunday 05 de May de 2024

O Concello de Lousame programa a comedia “Vacacións”, da compañía teense A Tequerreté Teatro, para o domingo 28 de abril


O Concello de Lousame acollerá a posta en escena de “Vacacións”, unha premiada comedia da compañía teense A Tequerreté Teatro que poderá desfrutarse este domingo 28 de abril, ás 19:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura lousamiá. A entrada é de balde, previa reserva en www.bandoticket.com.

“Vacacións” é unha comedia dun 50 minutos de duración e recomendada para maiores de 16 anos. Está posta en escena por A Tequerreté Teatro, compañía de teatro amador de Teo (A Coruña) integrada en FEGATEA. Unha peza premiada cos galardóns á mellor dirección do II Certame de Teatro Afeccionado “José Luís López Lorenzo” e cos premios á mellor actriz, á mellor obra elixida polo público e á mellor obra elixida polo xurado na VI Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” 2023.

Esta obra, dirixida por Paco Luna, conta a historia de dúas parellas que marchan de vacacións a un destino paradisíaco para celebrar 25 anos de relación e amizade. Unha serie de divertidos equívocos, revelacións inconfesables e descubrimentos de feitos pasados provocarán que todo cambie entre eles.

Deja un comentario